Atopan en Barbadás o cadáver da moza desaparecida en febreiro
Publicado o 13/09/2020 21:23
Unha parella que ía paseando atopou esta tarde os restos dun corpo de muller preto da Valenzá, na contorna da aldea dos Muíños, en Barbadás.
Esta zona é a mesma en que Policía, Garda Civil, amigos e voluntarios xa estiveran buscando en febreiro a desparecida Nerea Añel, unha moza de 27 anos da que nada se sabe dende finais de xaneiro, cando foi vista por última vez canda un home nun motel próximo.
Xa daquela, o Xulgado número dous de Ourense decretou o segredo do sumario verbo das investigacións que se estaban facendo sobre a desaparición da moza.