CRTVG

Buscar

O buque Ángeles Alvariño atopou dúas botellas de mergullo de Tomás Gimeno

Publicado o 24/06/2021 15:56

En Tenerife, o buque Ángeles Alvariño localizaba no mar pistas novas sobre o caso das pequenas Anna e Olivia. Conseguiu atopar no océano dous obxectos de Tomás Gimeno.

Localizaron no fondo do mar dúas botellas de mergullo que pertencen a Tomás Gimeno, o pai das cativas Anna e Oliva. Son dúas bombonas individuais que a Garda Civil atopou hai uns días a mil metros de profundidade nunha zona afastada do porto de Santa Cruz, e que hoxe axentes da Garda Civil confirmaron que pertencen a Tomás Gimeno.

A investigación segue centrada na busca da pequena Anna, dun ano de idade, e na de Gimeno. O corpo de Olivia apareceu a mil metros de profundidade. As pescudas dos últimos días centráronse nas localizacións do teléfono móbil do pai a noite en que secuestrou e presuntamente asasinou a Anna e Olivia.

 

Noticias web

24/06/2021