CRTVG

Buscar

Atopan con vida o home desaparecido en San Cibrao das Viñas

Publicado o 11/07/2018 14:27

Atopan con vida o home desaparecido en Valiñas, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas. O home, de 69 anos, ten principios de alzéimer e diabetes. Onte ás dez da mañá saíu dar un paseo e non regresou á casa para xantar, como acostumaba. Ante a preocupación dos fillos a que lle pasara algo, polo seu delicado estado de saúde, denunciaron a desaparición na Garda Civil, que axiña montou un dispositivo de busca. Grazas ao seu teléfono móbil, localizárono nun lugar de difícil acceso. O grupo de apoio tecnolóxico da UCO chegado dende Madrid cos axentes da comandancia de Ourense conseguiron chegar ata el ás seis e media desta mañá. O home recupérase no hospital. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2018