CRTVG

Buscar

Atopan con vida a moza española desaparecida en París hai unha semana

Publicado o 08/05/2019 20:18
Atopan con vida a moza española desaparecida en París hai unha semana

Apareceu viva a moza española que faltaba en París desde primeiros de mes. Confirmouno a través deste chío a Fundación Quen Sabe Onde, moi implicada na súa busca.

Non se sabe exactamente que lle pasou. A policía francesa atopouna nunha rúa parisiense algo desorientada e trasladouna a un hospital, onde permanece ingresada e onde hoxe a identificou o seu pai.

A Garda Civil, que tamén colaboraba na súa busca, confirma que Natalia está ben, aínda que precisa descansar.