Atopan catro aneis que poderían ser dos bispos santos de Santo Estevo
Publicado o 03/12/2020 21:32
Os catro aneis que apareceron canda dous documentos son de prata, todos diferentes e segundo o proceso canónico dos nove bispos tiñan propiedades curativas.
Despois de tantos séculos perdidos o equipo de restauradores dos retablos atopounos dentro dunha bolsa de seda nun dos compartimentos coas reliquias dos bispos na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil. Toda unha sorpresa. Un achado importante que pode ser histórico.
A lenda dos aneis mantívose desde os séculos X e XI, cando os bispos se retiraron ao mosteiro de Santo Estevo na Ribeira Sacra ourensá e que a escritora María Oruña xa relatou no seu libro El bosque de los cuatro vientos.
A historia continuará e a lenda dos aneis milagreiros dos nove bispos pode agora ser unha realidade.