CRTVG

Buscar

Atopan cabichas na cuberta da catedral de Notre Dame en París

Publicado o 24/04/2019 20:16

Respecto ao outro gran incendo que foi noticia estes días, o da catedral de Notre Dame, en París, os investigadores detectan fallos de seguridade nas obras de restauración do templo. Na cuberta atoparon cabichas, o que indica que os obreiros violaron a prohibición de fumar. Ademais, descubriron cables e dispositivos eléctricos na agulla da catedral, que estaban prohibidos ao ser unha estrutura de madeira.

Un semanario francés foi o que sacou á luz esta información. Fala, ademais, de que houbo erros á hora de revisar a primeira alarma de incendios.






















 

Noticias web

24/04/2019