CRTVG

Buscar

Atopan a uns 850 metros de profundidade e partido en tres o submarino indonesio

Publicado o 26/04/2021 08:46
Atopan a uns 850 metros de profundidade e partido en tres o submarino indonesio

As autoridades de Indonesia confirmaron que o submarino afundido con 53 tripulantes estaba partido en tres cando o localizaron no fondo do mar. O submarino, de fabricación alemá e 44 anos de antigüidade, estaba a uns 850 metros de profundidade.

A investigación trata de aclarar as causas do accidente, aínda que en principio non hai indicios de que fose un erro humano. O presidente do país expresou as súas condolencias ás familias dos 53 falecidos. 

Noticias web

26/04/2021