CRTVG

Buscar

Detido o presunto asasino da súa muller e a súa filla en Biscaia

Publicado o 11/03/2020 17:41
Detido o presunto asasino da súa muller e a súa filla en Biscaia

A Ertzaintza detivo o presunto asasino da súa muller e a súa filla en Abanto (Biskaia), tras localizalo nuns rochos de Portugalete en estado semiinconsciente, informaron fontes da policía vasca, que cre que tentou suicidarse. A Ertzaintza localizou os cadáveres das dúas mulleres sobre as dúas da tarde nunha vivenda do barrio de Sanfuentes de Abanto, onde había indicios de criminalidade e de que se trataba dun crime machista.