CRTVG

Buscar

Atopan 16 anacos de carne con alfinetes nun parque de Ourense

Publicado o 21/08/2019 12:38

Paseaba o can moi cedo, parou a darlle de beber nesta fonte exusto ao lado o can púxose a comer trozos de carne. A dona percatouse de que tiñan algo raro. Eran 16 trozos e estaban recheosde alfinetes.

O can por sorte logrou expulsar os alfinetes pero din que outro canmais pequeno podería morrer por este motivo. A Policía Local manténaberta unha investigación para identificar á persoa que está colocando os cebos. Os donos dos cadelos non entenden o motivo destesactos e aseguran que xa saen a pasear por este barrio, polo barrio da Ponte en Ourense con moito medo.

Non é a primeira vez que aparecen cebos destas características. Noutras ocasións atoparon polo barrio tacos de xamón e lambetadas para cans recheos de puntas.

Dín os veciños que o que o fai faino de noite polo que piden que vixilen a zona axentes de paisano. Deter o responsable, din é o único xeito de que volvan pasear os cans tranquilos.

Noticias web

21/08/2019