CRTVG

Buscar

Atopado sen vida en Avión o mozo que desaparecera onte á noite

Publicado o 01/02/2020 22:00

A axencia galega de emerxencias anunciou na súa conta de Twitter que localizaron sen vida no concello ourensán de Avión o mozo de 22 anos que desaparecera onte á noite.

O corpo foi localizado nunha zona de monte, no lugar da Praza polos efectivos do GES da localidade e os axentes da Garda Civil. Arestora, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias deste suceso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí