CRTVG

Buscar

Atopado o corpo sen vida dun bebé nun colector de lixo en Alacante

Publicado o 10/09/2019 14:28

Atopado o corpo dun bebé sen vida no interior dun colector de lixo, en Alacante. Foi un veciño o que o encontrou e deu a voz de alarma. Todo indica que o pequeno, que aínda conservaba o cordón umbilical, levaba morto varias horas.

A Policía Nacional mantén aberta a investigación. Polo momento, non se produciu ningunha detención.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019