CRTVG

Buscar

Atenden por inhalación de fume unha familia coruñesa que sufriu un incendio na súa casa

Publicado o 10/08/2018 14:06

Os cinco membros dunha familia da Coruña tamén precisaron asistencia sanitaria esta madrugada tras declararse un lume na súa vivenda.

Foi no sexto andar deste edificio da avenida de Fisterra. Segundo os bombeiros, o lume iniciouse nun colchón e foi controlado sen provocar máis danos. Aínda así, os dous adultos e tres nenos que estaban nese momento na vivenda tiveron que ser atendidos polos profesionais sanitarios por inhalación de fume. Finalmente non precisaron asistencia hospitalaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018