CRTVG

Buscar

Atenas envía barcos para acoller parte dos refuxiados de Moria que quedaron sen teito

Publicado o 11/09/2020 09:14

O Goberno grego vai aloxar en barcos parte dos 14.000 refuxiados do campo de Moria. Os incendios seguen prendendo no campamento, e as autoridades recoñecen dificultades para dar acubillo aos milleiros de persoas que desde o mércores dormen á intemperie nas estradas. Van levantar carpas, e no porto atracou o primeiro dos barcos que acollerá os máis vulnerables.

Noticias web

11/09/2020