CRTVG

Buscar

Continúan os atascos na raia tras o peche da fronteira de Portugal

Publicado o 02/02/2021 09:09

Os atascos quilométricos que se formaron no paso fronteirizo de Tui con Portugal repítense no segundo día laborable coa fronteira pechada. Onte, traballadores dun e doutro lado tiveron que armarse de paciencia para atravesar a raia. 

Os dous únicos pasos abertos as 24 horas son o de Tui e o de Verín. En Salvaterra de Miño a fronteira só abre dúas horas pola mañá e outras dúas pola tarde, de luns a venres. E tamén están pechados os de Arbo e Tomiño. 

Percorrer os tres quilómetros anteriores ao posto de control converteuse nun inferno para os centos de coches e camións que circulaban pola autoestrada de Tui para cruzar a Portugal.

O funil tiña a súa orixe no punto onde as forzas de seguridade piden a documentación a todos os condutores. Só se pode pasar por causa xustificada.

Noticias web

02/02/2021