CRTVG

Buscar

Atascos na Coruña e Vigo cadrando coa fin da xornada laboral e coa entrada en vigor das restricións

Publicado o 30/10/2020 21:34

Avenida de Madrid, Vigo, pouco despois das 3 da tarde. A fin da xornada laboral coincidía coa entrada en vigor do peche perimetral da cidade.

Resultado: ringleiras quilométricas de vehículos para acreditar, vía DNI, que se retornaba ao domicilio... ou para mostrar un xustificante laboral a modo de salvoconduto.

Estampa moi parecida á da Avenida Alfonso Molina, na Coruña, dirección saída.

Un dispositivo mixto de Garda Civil e Policía Nacional, co apoio de axentes municipais, filtraba a marea de vehículos para evitar as fugas inxustificadas. Con menos atascos, pero a mesma vixilancia, se vivía esta particular operación antisaída nos accesos de Santiago, Lugo ou Ferrol.

Noticias web

30/10/2020