CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Ataques a condutores e clientes das plataformas Uber e Cabify na Arxentina

Publicado o 09/07/2018 21:26

A batalla dos taxistas arxentinos contra a importante competencia que lles supoñen as aplicacións móbiles de viaxes como Uber ou Cabify dan un paso máis na súa escala de violencia e xa se rexistraron ataques a condutores e usuarios destes servizos. Son os coñecidos como 'caza uber'.


Ameazas, agresións, pintadas ou golpes a vehículos dan mostra das actividades realizadas aquí na Arxentina polos chamados "caza Uber", taxistas que enfrontan o éxito desta recoñecida aplicación, por certo ilegal no país, atacando a calquera coche que pareza sospeitoso de arrebatarlle a clientela.

Dende que chegara hai xa dous anos ó país esta plataforma web de transporte, os taxistas de Bos Aires maniféstanse decote. Denuncian evasión de impostos e que non cumpren a normativa local.
CORTE: Juan José Fernández - Taxista e integrante da Asociación de Taxistas de Capital
"Estamos en contra de toda faculturade legal que beneficie a Uber"
O problema é que este novo servizo mobiliza xa a 2.2 millóns de usuarios na Arxentina e o seu crecemento parece imparable, o que supón -din- un 45% menos de traballo para o taxi tradicional.
CORTE: Marcelo Boeri - Asociación Taxistas Unidos
"Hai 35.000 ilegais contravencionando e hai 30.000 taxis operativos. Hai máis uber que taxi."
Algo ó que os "caza uber" non están dispostos, polo que collen a xustiza pola man e no camiño atacan outros transportistas lícitos, coma Cabify.
CORTE: GUILLERMO MINIERI - COUNTRY MANAGER DE CABIFY ARGENTINA
"Houbo diferentes situacións. Por sorte, ningunha rematou con consecuencias graves e parécemen que destas cousas hai que ocuparse a tempo".
Na Xustiza, xa hai procesados por estas accións violentas. E mentres, Uber avanza cara a súa habilitación.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

09/07/2018