CRTVG

Buscar

Ataque xenófobo en Murcia: agride a dona dun comercio chinés

Publicado o 06/12/2018 23:04

O ataque xenófobo ocorreu na localidade murciana de Archena, neste comercio rexentado por chineses. No vídeo pódese ver como unha clienta ameaza, insulta e mesmo agride a propietaria.

Os veciños condenan a actitude da muller. A protagonista do ataque xenófobo di que está arrepentida.

A muller asegura que xa lles pediu perdón aos donos do comercio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018