CRTVG

Buscar

Ataque do lobo a plena luz do día e preto das casas en Nigoi, no concello da Estrada

Publicado o 21/03/2019 14:33

Catro ovellas mortas e tres feridas é o resultado do ataque do lobo nunha aldea da Estrada.
A dona do rabaño achegouse nese momento á leira onde pacían os animais e puido ver o lobo.
Unha veciña do lugar de Parafita, no concello pontevedrés da Estrada, perdeu a metade do seu rabaño de ovellas como consecuencia do ataque dun lobo.

Foi o martes, a plena luz do día. Deixara os animais nunha leira algo afastada da aldea. Cando acudiu puido ver o lobo ela mesma.

Na leira atoparon unha ovella morta e o resto feridas. Tres delas morreron esta noite e Teresa pensa que outras tres tamén van morrer.

Os técnicos de Medio Ambiente xa fixeron un informe para que poida cobrar a indemnización prevista, aínda que non sabe cando. Tamén está pendente de que lle retiren as ovellas mortas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/03/2019