CRTVG

Buscar

Atan e ameazan un matrimonio de Pazos de Amoeiro nun asalto a súa vivenda

Publicado o 19/05/2019 23:13

A señora Amalia aínda non se repuxo do desgusto. Ía xantar canda seu home e a muller que os coida cando, segundo conta, entraron na casa dous homes coa cara tapada, amordazáronnos e prendéronos.

TOTAL Amalia Delafuente

Con actitude violenta e ameazas pretendían conseguir supostamente abrir a caixa forte.

TOTAL Coidaba do matrimonio cando os asaltaron

Despois dunha hora e media, contan, a golpes coa caixa forte non conseguiron abrila e rebuliron toda a casa. Fuxiron con diñeiro e algunhas xoais. Mesmo unha cadea que lle arrincaron a señora do pescozo.

TOTAL SEN PRINTERS

De contado acudiron uns veciños que chamaron ao 112 mentres os fillos de Marina non dubidaron en correr tras os presuntos delincuentes que fuxiron polo monte.

TOTAL Marina Pérez

A Garda Civil prendeuno e está a espera de pasar a disposición xudicial. Andan a procura do segundo asaltante que si conseguiu fuxir.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2019