CRTVG

Buscar

"Atacouse o diésel de xeito desmesurado nun país como o noso, que é produtor", di o director de FACONAUTO

Publicado o 11/06/2019 11:18

Alfonso Nogueiro, director FACONAUTO, a patronal dos concesionarios, foi entrevistado no Bos días para falar do estado actual do sector. Os sindicatos do automóbil falan de que se está a preparar a tormenta perfecta no sector. As vendas a particulares non repuntan e, salvo no mes de maio, están en caída libre, e os empregos perigan nun sector que supón o 10% do PIB.

"Atacouse o diésel dunha forma desmesurada nun páis como o noso, que é produtor e no que polas estradas máis do 50% dos coches que circulan teñen motor diésel. Uns coches que cumpren a normativa europea e que emiten un 20% menos de CO2 que os coches de gasolina, cun 20% menos de consumo e con emisións de NOX practicamente iguais que as dos vehículos de gasolina. Isto creo dudas razoables nos clientes e decantou as compras cara a gasolina e cara os coches híbridos".

"Nos somos un país produtor, o segundo máis importante de Europa e o oitavo do mundo, e no resto de Europa tamén están contra o diésel. Esperemos que non espanten o consumidor e poña en risco os postos de traballo".

"A realidade é que neste momento o vehículo eléctrico é en exceso caro para a economía que podemos ter. A tecnoloxía ten que evolucionar, tense que abaratar e hai que facer coincidir a economía dos cidadáns coa oportunidade de ter un coche medioambientalmente san".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019