CRTVG

Buscar

Atacan dous petroleiros no golfo de Omán e crecen as tensións entre Irán e os Estados Unidos

Publicado o 13/06/2019 21:41

Dous cargueiros, un deles un buque cisterna ao servizo dun armador xaponés, foron atacados este xoves preto do estreito de Ormuz, segundo informan fontes oficiais xaponesas en Toquio.

O ataque coincide coa viaxe oficial a Teherán do primeiro ministro xaponés, Shinzo Abe, que nas últimas horas reuniuse coas máximas autoridades iranianas. O ministro de Economía, Comercio e Industria xaponés, Hiroshige Seko, que foi o primeiro que en Tokio deu conta do ataque, dixo que as autoridades nipoas están a reunir información sobre este suceso que se suma aos que están a avivar a escalada de tensión entre Irán e Estados Unidos desde que Donald Trump ordenase abandonar o acordo nuclear.

Un barco iraniano rescata 44 tripulantes

Un buque de rescate iraniano salvou os 44 membros da tripulación dos dous cargueiros que foron supostamente branco dun ataque no mar de Omán, preto da zona en que se rexistrou un incidente similar o pasado maio. Os tripulantes -23 dun cargueiro e 21 do outro- foron rescatados do mar e conducidos sans e salvos ao porto de Jask, na provincia iraniana meridional de Hormozgan.

O director xeral dos portos desa rexión, Alahmorad Afifipur, explicou que o primeiro cargueiro, de nome Front Altair e con bandeira das illas Marshall, se incendiou a 25 millas do porto de Jask. O capitán do barco, que partira de Qatar con destino a Taiwán, ordenou á tripulación que abandonase o barco debido ao lume, segundo Afifipur, citado pola axencia oficial IRNA. O segundo cargueiro, de nomea Kokuka e bandeira de Panamá, levaba metanol e dirixíase a Singapur desde Arabia Saudita, cando se incendiou a unhas 30 millas de Jask.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019