Atacan con fogos de artificio e barras de ferro unha comisaría de París
Publicado o 12/10/2020 15:01
En París máis de 40 persoas atacaron unha comisaría con barras de ferro. Tamén con proxectís e fogos artificiais.
Non houbo feridos, e, polo momento, non se produciron detencións. Varios coches patrulla quedaron danados, e romperon vidros do edificio.
Ningún grupo reivindicou o ataque pero xa é o terceiro que sofre esta comisaría en dous anos.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 09:11
26/01/2021 09:02