CRTVG

Buscar

Ata un 60% menos de empregados presenciais na oficina na nova normalidade

Publicado o 08/05/2020 19:47

Estes días fálase moito da nova realidade, que afecta o tempo de lecer, o consumo e tamén a maneira de traballar. As oficinas reducirán entre un 40 e un 60% o número de empregados presenciais para garantir a distancia segura entre eles. É o cálculo dunha consultora inmobiliaria que sinala que será imprescindible manter o teletraballo e reinventar o uso dos espazos comúns.

Tamén cambias as rutinas diarias, que inclúen máis limpeza e sinais que axuden os traballadores a seguir as recomendacións.

Uns cambios que poden afectar tamén os horarios de traballo para evitar aglomeracións tanto na oficina como nos desprazamentos.

Noticias web

08/05/2020