CRTVG

Buscar

Ata un 15% de desconto en establecementos hostaleiros para os rapaces que teñan o Carné Xove

Publicado o 24/05/2021 19:57

A Consellería de Política Social e o Clúster de Turismo Galego acaban de asinar un convenio polo que os rapaces que teñen o Carné Xove terán entre un 10 e un 15% de desconto en medio cento de establecementos hostaleiros. O convenio ten un dobre obxectivo: reactivar o sector turístico e que os rapaces poidan viaxar por Galicia a un prezo máis asequible. Poderán beneficiarse deste carné, de xeito totalmente gratuíto, ata 400.000 rapaces de entre 12 e 32 anos.

 "Grazas a este convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Clúster de Turismo, medio cento de establecementos da nosa comunidade faranlles un 10% de desconto a todas as persoas que dispoñan deste Carné Xove, descontos nos distintos hoteis de Galicia, nos distintos balnearios, nas casas rurais ou nos albergues de Galicia", explicou  Fabiola García, conselleira de Política Social.

"Son 400.000 futuros clientes que o sector turístico vai ter enriba da mesa. Grazas a este convenio, esta información que se está asinando agora mesmo vailles chegar a 400.000 persoas, se logramos que o 20% veñan aos nosos aloxamentos, benvido sexa", salientou Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia

Noticias web

24/05/2021