CRTVG

Buscar

Ata o momento, oito grupos ou fondos interésanse polas fábricas de Alcoa

Publicado o 23/03/2019 15:34

Hai oito posibles compradores para as dúas fábricas que ten Alcoa nestes momentos á venda: a de Avilés e esta da Coruña. Para esta factoría de Agrela podería haber un noveno investidor. Cinco das empresas xa asinaron contratos de confidencialidade coa multinacional estadounidense, un requisito para poder avanzar nunha negociación que ten como data límite o 30 de xuño.

O comité de empresa foi informado polo Goberno e pola Xunta destes posibles investidores. Os traballadores saben que, entre os posibles compradores cualificados, hai fondos de investimento e grupos industriais. O cadro de persoal é máis partidario dos grupos empresariais e os traballadores non descartan que a lista de aspirantes aumente se melloran as condicións. 

 

Noticias web

23/03/2019