CRTVG

Buscar

A Revista

Ata finais de outubro Boborás ofrece cada semana 13 rutas, guiadas e de balde, ao seu rico patrimonio artístico e natural

Publicado o 14/09/2017 13:19
O Concello de Boborás ten moito que ofrecer ao visitante. Unha ducia de pazos de interese, igrexas románicas de gran beleza e mesmo toda unha aldea, Pazos de Arenteiro, declarada Monumento Nacional polo valor do seu conxunto histórico-artístico.
Unha chea de lugares con encanto que desde comezos do verán e ata finais de outubro poden visitarse na compaña dun guía especializado e sen pagar un peso.


















--------
Cunha población aproximada de 2.800 habitantes, Boborás recibiu este veran máis de 300 turistas atraídos por un novo programa de rutas e actividades que permite coñecer polo miúdo algunhas das xoias deste concello ourensán.



Todos os venres o itinerario comeza na igrexa de San Mamede, na parroquia de Moldes.







Os visitantes sorpréndense ao chegar a Xurenzás, alí a igrexa románica, de exterior austero, non anticipa as xoias que esconde no seu interior.





A ruta elixida, amais de igrexas e sendeiros de gran fermosura, ofrécenos a posibilidade de facer parada tamén nunhas peculiares termas.
As augas termais de Brués, non explotadas comercialmente, seguen mantendo as súas propiedades para o tratamento de enfermidades da pel.



Ao modo en que fan as matriuskas rusas, Boborás vai amosando diferentes facianas segundo se afonda no seu coñecemento.
Son moitos os seus atractivos, castros, pazos, historia, patrimonio e cultura... Seguros estamos de que cada unha das paradas nestas rutas paga a pena..!!.









CAMPÁS E MUSICA....................
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

14/09/2017