CRTVG

Buscar

Ata dez xogadores rematan contrato no Deportivo en 2019

Publicado o 01/01/2019 18:15

2019 volverá ser un ano movido de entradas e saídas no Deportivo. Ata dez xogadores rematan contrato. Entre eles Saúl, Krohn Delhi, Dubarbier e Álex Bergantiños, se ben o capitán ten opción de ampliación. Calquera deles estaría desde hoxe en disposición de se comprometer con outro club se así o quixesen.

Pola contra, o mercado de inverno non debera deparar moitas sopresas, malia o interese do Sporting de Portugal por recuperar a Domingos Duarte. O Deportivo non está aberto a negociar ningunha saída de xogadores importantes.

Ademais de Domingos Duarte, outros cinco futbolistas rematan a súa cesión neste novo ano: trátase de Pablo Marí, Ortolá, Didier Moreno e Carlos Fernández. Marí e Fernández interesan moito en caso de ascenso.

Noticias web

01/01/2019