CRTVG

Buscar

Ata 28 pratos a elixir na Festa do Marisco do Grove

Publicado o 05/10/2019 19:33

É un ir e vir de pratos con todo tipo de marisco e todos se dirixen cara a carpa de degustación onde o público asistente á Festa do Marisco do Grove goza deste exquisito manxar.

A súa sona é tan grande que veñen a probalo de moitos lugares.

Nos postos gastronómicos os comensais poden elixir ata 28 pratos a prezos moi asequibles. Camarón a dez euros, nécora a oito, polbo á feira por once euros e medio e mesmo cangrexo real ou tamén fideos mariñeiros por seis euros.

A Festa do Marisco do Grove, declarada de ineterese turístico internacional, tamén se completa cunhas xornadas de cociña do mar e concertos todos os días.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/10/2019