CRTVG

Buscar

Ata 2.566 persoas morreron por mor da covid en Galicia desde o comezo da pandemia

Publicado o 30/08/2021 19:43
Ata 2.566 persoas morreron por mor da covid en Galicia desde o comezo da pandemia

O Sergas notificou o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Polo tanto, ata 2.566 persoas perderon a vida por mor do virus desde o comezo da pandemia en Galicia. 

Os decesos producíronse onte e son os dun home de 89 anos no CHUO e un varón de 92 anos no HULA.

Segundo informa Saúde Pública, ambos presentaban patoloxías previas.

Noticias web

30/08/2021