Ata 160 condutores participan nos cursos de condución segura para motocicletas
O ano pasado morreron 359 motoristas en accidentes de tráficos acontecidos nas vías urbanas e interurbanas españolas. Reducir a taxa de sinistralidade deste colectivo é o obxectivo dos cursos de condución segura de motocicletas que oferta de balde a Xunta de Galicia. O primeiro comezou esta mañá en Ferrol.
Cada curso son cinco horas de formación teórica e práctica. Os exercicios traballan a prevención de riscos e están deseñados para mellorar a capacidade de reacción dos motoristas diante dunha situación inesperada. Procuran o máximo control sobre a motocicleta.
O curso ofrece formación avanzada para perfeccionar a técnica de condución dos pilotos. Todos coinciden en que sairán de aquí con máis seguridade e máis dominio sobre a moto.
Uns 160 pilotos van participar neste programa formativo. Mañá haberá curso en Santiago de Compostela e a próxima fin de semana desenvolverase en Vilagarcía de Arousa e en Vigo.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí