CRTVG

Buscar

Un ex-marine mata 12 persoas nunha festa universitaria en California

Publicado o 08/11/2018 21:35

Polo menos 13 persoas morreron nun tiroteo ocorrido nun bar de California, na costa oeste dos Estados Unidos. O pistoleiro, que foi abatido pola policía, guindou unha granada de fume antes de disparar indiscriminadamente contra os asistentes a unha festa universitaria.

O tiroteo ocorreu na localidade californiana de Thousand Oaks, no noroeste dos Ánxeles. Un home armado cunha semiautomática entrou no bar Bordeline e comezou a disparar indiscriminadamente despois de guindar unha granada de fume no interior do local.

Segundo confirmou o shériff do condado, hai 13 mortos. Un deles é o pistoleiro, un home con barba e sombreiro, que foi abatido no interior do local. O resto son un axente da policía e once clientes. Unha ducia de feridos foron trasladados a hospitais da zona. Segundo algunhas testemuñas, os clientes intentaron escapar rompendo os vidros das fiestras. No momento do ataque, un cento de persoas asistía no bar a unha festa country para estudantes universitarios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018