CRTVG

Buscar

Asturias, Galicia e Cantabria demandan medidas adicionais de compensación para a industria electrointensiva

Publicado o 27/04/2021 19:13
Asturias, Galicia e Cantabria demandan medidas adicionais de compensación para a industria electrointensiva

Galicia, Asturias e Cantabria inician unha axenda de traballo conxunta para apoiar o sector electrointensivo. O vicepresidente económico da Xunta participou nun encontro telemático cos responsables da área de Industria dos gobernos de Asturias e Cantabria. As tres administracións acordaron defender unha mesma postura ante o Goberno como medida de apoio a un sector cun peso moi relevante nestas comunidades. Preteden así dar continuidade á fronte común que xa estableceron cando presentaron alegacións conxuntas durante o proceso de redacción do Estatuto de Consumidores Electrointensivos.

Noticias web

27/04/2021