CRTVG

Buscar

Asturias entra en nova normalidade e a ocupación das UCI en España volve a niveis de hai un ano

Publicado o 20/09/2021 18:47
Asturias entra en nova normalidade e a ocupación das UCI en España volve a niveis de hai un ano
EFE

Os principais indicadores da pandemia volven aos niveis do verán de 2020, antes de que comezase a segunda onda, coa incidencia acumulada en 83,4, menos de 1.000 enfermos de covid ingresados nas UCI (797) e, por primeira vez desde entón unha comunidade, Asturias (21,8), en situación de nova normalidade por baixo dos 25 casos.

Segundo os datos do Ministerio de Sanidade, a pandemia suma este luns 5.988 novos contaxios, co que a cifra total se eleva a 4.935.534 e a de falecidos a 85.901, dos que 118 notificáronse durante a fin de semana.

Foi o 4 de setembro de 2020 a última vez que as camas das UCI estiveron ocupadas por menos dun milleiro de enfermos de coronavirus, con 976. Este luns hai 979 pacientes con covid, o que supón un descenso de media décima desde o venres, mentres que a situación en planta tamén mellora e a ocupación redúcese ata o 3 %, con 3.668 ingresados.

Os niveis de transmisión de covid de hoxe non se rexistraban desde a primeira semana de agosto de 2020. Ademais, desde o día 12 dese mes ningunha comunidade logrou estar en nova normalidade, con menos de 25 casos por cada 100.000 habitantes en 14 días.

Noticias web

20/09/2021