CRTVG

Buscar

AstraZeneca segue sendo a opción maioritaria para os menores de 60 que teñen que poñer a segunda dose

Publicado o 28/05/2021 16:00

En Galicia este venres estase vacinando con segundas doses, nas áreas sanitarias de Vigo e Santiago, aos que recibiron a primeira de AstraZeneca. A maioría dos que se vacinaron escolleron continuar con AstraZeneca.

Polo Ifevi, por exemplo, van pasar mil trescentas persoas. Deles, máis de mil, é dicir o 90 por cento decántase por non cambiar de soro e continúan con AstraZeneca para complertar a inmunización. Pola contra aqueles que prefiren cambiar de marca vacinaranse durante a tarde con Pfizer. Todos teñen que acudir co consentimento informado en que consta a vacina elixida.

Malia división e o debate parece que os cidadáns o teñen claro: AstraZeneca está a ser a opción elixida con moita diferenza. Entre a poboación pesa a recomendación da Axencia Europea de Medicamentos e da OMS que dan o visto e prace á segunda inxección con mesmo fármaco.

Expertos e científicos apoian esta postura e din que a súa subministración é segura.

Os cortes na subministración de AstraZenaca atrasaron o ritmo de chegadas desta vacina. O conselleiro de Sanidade confía en que o Ministerio garanta as doses precisas.

Noticias web

28/05/2021