AstraZeneca só garante a metade de doses da súa vacina á UE
Publicado o 24/02/2021 07:47
Nova demora na entrega de vacinas de AstraZeneca. O laboratorio entregará entre abril e xuño só a metade das doses pactadas coa Comisión Europea.
Repartirá 90 millóns de doses, dos 180 que se agardaban para o segundo trimestre.
A farmacéutica afirma que seguen a traballar para solucionar os problemas na súa cadea de subministración europea.
Mañá dará comezo o cumio de líderes da Unión Europea e, sobre a mesa, de novo, tensións coa farmaceutica británica.
Hai que lembrar que AstraZeneca xa acumula o atraso do primeiro trimestre, cando reduciu as doses pactadas á metade.