CRTVG

Buscar

Assange, condenado no Reino Unido a case un ano de cárcere por violar a condicional

Publicado o 02/05/2019 08:09

O fundador de Wikileaks, Julian Assange, comparece hoxe por videoconferencia desde o cárcere diante do tribunal británico que decidirá sobre a súa posible extradición aos Estados Unidos.

O activista e informático australiano foi condenado este mércores a preto dun ano de prisión por outro tribunal por violar as condicións da súa liberdade condicional en 2012, o que aproveitaría para pedir asilo na embaixada do Ecuador en Londres.

Assange, de 47 anos, evitou así ser extraditado a Suecia para facer fronte a uns cargos por suposta violación, un caso que posteriormente a xustiza sueca arquivaría.

Noticias web

02/05/2019