Aspnais estrea residencia en Lugo, con apartamentos para os familiares dos usuarios
Abre en Lugo a primeira residencia da discapacidade de Galicia con apartamentos en que poden vivir os pais dos usuarios. É da asociación Aspnais, que ten medio século de vida e que inaugura instalacións adaptadas aos novos tempos. Hoxe visitouna Alberto Núñez Feijóo. A Xunta achega máis de dous millóns ao ano para o seu funcionamento.
O novo edificio de Aspnais ten residencia, centro de día e centro ocupacional que suman unhas 160 prazas para persoas con discapacidade. De momento só están ocupadas as prazas de residencia, con 58 usuarios. O presidente da asociación agradece o apoio da Xunta a esta residencia, a única de Galicia que ofrece apartamentos para que os pais poidan vivir cos fillos que aquí atenden.
A crise da covid-19, dixo Feijóo, puxo en valor o esforzo das asociacións da discapacidade coma esta.
Estas novas instalacións abriron a principios de maio, cando a pandemia permitiu comezar cos traslados.