CRTVG

Buscar

Aspectos a ter en conta para unha condución segura con chuvia

Publicado o 17/10/2019 14:00

Maior distancia co vehículo de diante, menos velocidade e luces. Son tres consignas básicas para aplicar cando conducimos un vehículo baixo a chuvia, e máis se cae intensamente.

Cristina Sinde, profesora de autoescola: "Máis amodo do que imos normalmente, a velocidade máis moderada e empezamos a frear sempre algo antes porque a distancia de freado é maior, e sempre facéndonos visibles".

"As luces diúrnas que traen os vehículos en condicións normais pódense ver ben, pero baixo chuvias coma as de onte igual non. Daquela, sempre circular coas luces de cruzamento e, con chuvia moi forte, mesmo tamén as de néboa dianteiras e traseiras. Procuro dicirlles aos meus alumnos que leven sempre as luces acesas para facerse máis visibles".

E, como en toda circunstancia, hai que controlar que o vehículo cumpre cos requistos esenciais para unha viaxe segura, e isto inclúe revisar limpaparabrisas e rodas.

Sinde lembra "que os pneumáticos estean en perfecto estado, ben de debuxo e coa presión correcta e en bo estado"

En definitiva, para a condución segura en mollado e con chuvia, convén aumentar a precaución.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019