CRTVG

Buscar

Iago Aspas xa adestra coa selección despois de ser heroe en Riazor

Publicado o 20/03/2017 21:14

Hoxe posou coa camiseta da selección, un trámite que non puido cumprir cando debutou pola présa da súa primeira convocatoria. O Celta volveu aos adestramentos coa ausencia dos seus internacionais

Aproveitou a que tivo e ese acerto decantou a vitoria e deixa o Celta a seis puntos da sétima praza e cun partido menos. A primeira derrota de Mel sitúa o Deportivo seis puntos por riba dos postos de descenso.

O día despois, Aspas, máximo goleador español da Liga con 15 tantos, catro máis co segundo, incorporouse á concentración da selección despois de marcar por vez primeira en Riazor. Hoxe, posou coa camiseta da selección, un trámite que non puido cumprir cando debutou pola présa da súa primeira convocatoria.

Por xogo e por carácter Iago Aspas non é un tipo que deixe indiferente a ninguén. Ídolo e bandeira celtista na Coruña aínda doe a súa celebración.

Non foi o único que se pronunciou. Tralo partido Juanfran, un dos capitáns do Deportivo, fixo pública a súa opinión nas redes sociais.

"Lamento a falta de respecto. Mágoa non poder facer o que merecía a situación". 

Berizzo tentou mediar tralo encontro para salvar a tan necesaria concordia imperante nos últimos derbis.

A sensatez do arxentino é a mellor encarnación do espírito do "Imposible sen ti".

O Celta volveu aos adestramentos coa ausencia dos seus internacionais, entre eles Guidetti, que malia a súa lesión viaxou a Suecia. Alí someteuse a unha resonancia que confirmou a escordadura no ligamento lateral interno do xeonllo dereito. Estará unhas tres semanas de baixa.

Será unha boa ocasión para Beauvue. O guadalupeño está vivindo un regreso soñado despois de marcar ante o Krasnodar e asistir a Iago Aspas no gol do derbi.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017