Aspas sofre unha recaída na rotura e estará outro mes de baixa
Publicado o 19/02/2019 19:39

A peor nova que podía recibir o Celta é a recaída de Iago Aspas. Onte entraba no estadio baixo os aplausos do público. Con 0-2 Cardoso mandouno quecer. A idea era que xogase uns vinte minutos. No quecemento sufriu unha recaída na rotura fibrilar do xemelgo dereito. En tres ou catro días repetirá as probas.