CRTVG

Buscar

Aspas recibe a alta médica para ir a Xetafe

Publicado o 07/02/2019 17:58

Visita de Carlos Mouriño ao adestramento do Celta e noticia agradable para o presidente e para o celtismo. Aspas ten a alta médica. Aquí teñen a Carlos Mouriño interesándose por Aspas, mimando a Aspas. Mouriño pasou pola sesión na que os focos apuntaron a Aspas. Aspas estará en Xetafe. Veremos se para xogar desde o principio ou se, estilo Messi, para actuar na última media hora.

Jozabed. R. C. Celta: "Leva un tempo parado, máis dun mes, e sempre custa volver das lesións. Pero véxoo ben, adestrándose ben, sen ese medo que podes ter pola recaída. Agora seguro que colle a forma rápido, porque Iago é un xogador que non precisa tanto tempo para estar ben." 

Por certo, recado de Jozabe a Antonio Mohamed. Nada do que falaban se reflictía na competición. Jozabeb non contaba para o anterior adestrador. Jozabed.: "Non agardaba iso, porque non entendía unha serie de cousas. Tiven unha conversa co anterior adestrador, e non se reflectiu na realidade nada do que me dixo. Poste a pensar e non entendes cousas pero o fútbol ten estas cousas."
 

Noticias web

07/02/2019