CRTVG

Buscar

Aspas, protagonista na vitoria do Celta

Publicado o 30/11/2020 22:56

Así marchaba onte Aspas de Balaídos...e así hai dous meses. Daquela fora a primeira vitoria celeste ante o Valencia. Aspas marcaba os dous tantos galegos.

Ante o Granada chegou a segundo triunfo da temporada. Aspas non marcou pero queden co dato: xerou nove ocasións e tres acabaron en gol.
Unha delas con apertura para Olaza que este entregou en bandexa para que Nolito colocase o empate ante un Granada que se adiantara pouco antes.

Iago Aspas: "O míster quere un equipo valente"

E o míster goza coa súa inspiración.

Coudet: "Gozo con el pero non me sorprende"

Coudet gozou das habilidades dun Aspas desatado que toleaba á defensa do Granada unha e outra vez. Outra acción súa individual certificou a remonta celeste. Un gol de carambola...

Aspas: "Por fin temos un pouco de sorte"

Para rematar a festa outra acción de Aspas que acaba cun gol balsámico de Fran Beltrán, un 3-1 rexenerador.

Aspas:"Precisamos renovar enerxía"

Ilusión renovada para visitar o venres San Mamés






 

Noticias web

30/11/2020