CRTVG

Buscar

Aspas e a afección salvan ao Celta

Publicado o 19/05/2019 15:29


Semellaba que o último corredor da temporada en Balaídos era o limiar dunha noite de reconciliación, pero a reconquista celeste completouse grazas a bancada e a Aspas.

Porque no céspede o equipo estivo impreciso, nervioso e sen fúitbol...e o Raio, sen alardes, tirou proveito dos agasallos, como este penalti de Boudebouz sobre Advíncula.

Mateu Lahoz sinala pena máxima que transforma Embarba.

Lobtka, moi activo tira unha parede con Iago, pero ao eslovaco fáltalle finalización... parou Dimitrievski...

Boudebouz pretendía con este lanzamneto enmendar o seu erro no penalti, pero o seu tiro vai arriba...

Sen intensidade non se gañan partidos e aparecen os lanzadores...Medrán tivo tempo para pensar, apuntou, disparou e levou o dous a cero ao taboleiro de marcas.

Mateu volveu coller protagonismo...e asubía penalti de Catena. E Aspas non erra desde os 11 metros...

Volve aparecer coa esquerda Olaza e Iago Aspas certifica cun sutil e xenial toque un dos seus mellores goles do campionato.

Magoa que nun encontro tan gris e tras unha campaña para esquecer un tanto coma este non acade outro recoñecemento. O Celta de Aspas permanece.









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2019

Máis sobre deportes

Barco 3 - 0 Somozas
15/09/2019 23:26
U.D. Ourense 0 - 1 Choco
15/09/2019 23:13
Vilalbés 4 - 0 Arzúa
15/09/2019 23:13
Fabril 4 - 1 Alondras
15/09/2019 23:13