CRTVG

Buscar

Aspas cualifica a temporada como fracaso

Publicado o 15/05/2019 20:04

Última xornada de liga e moitas frontes abertas para Aspas, nada contento coa temporada. Por exemplo, ser o máximo goleador nacional por diante de Borja Iglesias. Aspas defende con dezaoito anos ese título individual no partido co Raio. Esta mañá falou do presente, do que foi a campaña, responsabiliza aos xogadores e do futuro, sen entrar en detalles sobre a continuidade de Fran Escribá.

Coa sinceridade que o caracteriza, Iago Aspas é claro ao valorar a temporada. Un fracaso do que tamén fai autocrítica.

Tras ser considerado o mellor xogador da liga do mes de abril, este sábado agarda sumar dous premios máis, a permanencia matemática e o Zarra, polo que loita con outro ex celtico, Borja Iglesias, co que di non ter pique.

Outra decisión que non pode tomar é sobre o futuro do equipo aínda que ten claro o que lle gustaría.

Noticias web

15/05/2019