CRTVG

Buscar

Aspas coincide con Escribá, cre que fai falta fichar un reforzo para a banda

Publicado o 21/08/2019 22:04

A canteira non limita pero faltan xogadores. Aí si que Aspas concorda con Escribá.

Aspas: "Falta algún xogador por fóra. O de Nolito escapa das miñas informacións"

Aspas cre que para aproveitar un cadro de xogadores a clave está na táctica. A aposta do adestrador é un 4-4-2 , un debuxo distinto ó que ven empregando o Celta desde hai moitas temporadas.

Aspas: "É o que cre o adestrador que é mellor e temos que apoialo"

O Celta volve pór a proba o seu esquema en Balaídos contra un Valencia inestable.

Aspas: "Temos que intentar aproveitar iso"

Cómpre puntuar pra evitar viaxar despois a Sevilla co contador a cero.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019