Aspas adestra en solitario por precaución
Adestramento limitado. Así define o Celta o que está pasando con Aspas. Nada importante pensando na visita do Barcelona. O Celta coida a Aspas. Segue con molestias polo golpe sufrido en Leganés. Todo o mundo pendente de Aspas. Tamén o presidente e o director xeral. Non é para menos. Esprinte final de liga e con Aspas no campo multiplícanse as posibilidades de éxito. Pero chegará a tempo. O sábado estará no once de saída que se opoña ao campión de liga.
Así o pensa tamén o seu compañeiro Brais Méndez. Iago é vital para o Celta pero non é o único factor determinante para a salvación. Nestes momentos ao cadro vigués inflúelle máis xogar en Balaídos que os rivais aos que se enfronta. Na casa gañou tódolos partidos como local dende o regreso do moañés.
Quedan tres xornadas, dous encontros na casa. O primeiro ante un Barcelona proclamado xa campión de liga e coa mente posta no partido de volta da eliminatoria europea polo que podería reservar ás súas figuras.
Con titulares ou sen eles en Balaídos os resultados acompañan.