CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Aspanaex presentou o proxecto de residencia para que poidan vivir 58 persoas con discapacidade intelectual

Publicado o 09/10/2017 21:26

A Asociación en favor das Persoas con Discapacidade intelectual da provincia de Pontevedra, ASPANAEX, presentou o proxecto que dotará Vigo dun lugar onde poidan vivir 58 persoas con discapacidade. A nova infraestrutura dará resposta ao actual déficit de prazas.

A residencia Aspanaex estará situada no antigo edificio de especialidades de Coia, cedido pola Tesourería da Seguridade Social. Contará con 58 prazas, destinando 34 delas para persoas con máis necesidades de apoio. Contará con todos os servizos necesarios nunha superficie de 4.000 metros cadrados.

Esta nova infraestrutura viguesa dará resposta ao actual déficit de prazas.
O proxecto require dun investimento de preto de 3 millóns de euros e está previsto que as obras se prolonguen 18 meses.

'Axúdanos a construír un soño', lema da campaña de captación de fondos. Aspanaex fundouse en Vigo hai 54 anos por un grupo de familias con fillos con discapacidade intelectual.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

09/10/2017