CRTVG

Buscar

Aspanaes contará con novas instalacións en Santiago nun espazo cedido pola Xunta

Publicado o 27/04/2021 16:12

O centro de Aspanaes para persoas con autismo, que hai no Monte do Gozo en Santiago, vai contar cunhas instalacións novas a partir do verán. Terá unha ampla zona verde, con xardíns rehabilitados, nun espazo que cedeu a Consellería de Presidencia. Esta mañá asinaron o convenio coa asociación.

A urbanización da contorna do centro súmase á propia rehabilitación do edificio, rematado recentemente. A Conselleira de Políltica Social destacou o traballo de Aspanaes na mellora da calidade de vida das persoas con autismo.

Noticias web

27/04/2021