CRTVG

Buscar

Asoma a aldea somerxida de Aceredo coa baixada do encoro de Lindoso

Publicado o 26/10/2021 21:23
Afloran os restos da aldea do concello de Lobios desaparecida nos anos 90

O concello ourensán de Lobios deixa unha curiosa imaxe e cargada de lembranzas. A baixada do nivel do encoro de Lindoso fixo emerxer os restos dunha vella aldea anegada. É a vila de Aceredo desaparecida nos anos 90 ao construírse unha presa de aproveitamento hidroeléctrico. Unha parte do pasado que fai emerxer os recordos e os sentimentos.


Son moitas as historias similares que temos en Galicia, de feito este verán puidemos ver tamén esta mesma imaxe no encoro de Portomarín destapando vilas case intactas e restos nunca vistos con anterioridade. Vivendas cargadas de historias e vilas que afundiron con moitos soños sen cumprir, eses que tiveron que ser materializados noutros lugares.
 

Noticias web

26/10/2021