CRTVG

Buscar

Asocian a variante británica cun 61 % máis de risco de morte

Publicado o 15/03/2021 21:20
Asocian a variante británica cun 61 % máis de risco de morte

A variante británica podería estar asociada cun 61 % máis de risco de morte. Iso indica un estudo publicado hoxe mesmo na revista Nature. Ata agora, comprobárase que a británica é máis transmisible, coma outras variantes. A revista sinala que esta nova información da súa influencia na taxa de mortalidade, que require de máis estudos, pode ter consecuencias na xestión da pandemia.

A variante británica, presente en moitos países, supón máis da metade das infeccións en Galicia, e en Asturias supera o 90 por cento.

Noticias web

15/03/2021